Galicia MICE é un portal que facilita a localización de recursos a promotores e organizadores de reunións, viaxes de incentivos, convencións, feiras ou exposicións. A plataforma axudaralle nas súas decisión, ao mostrar nun mesmo espazo as posibilidades que oferta a nosa Comunidade no seu conxunto como destino, pero tamén as de algúns dos principais enclaves de xeito individual.

Navegando por Galicia MICE comprobará como a nosa herdanza e o incrible patrimonio con o que contamos pode transformar o seu proxecto nun evento máxico e de éxito. Porque se hai algo enche de orgullo a Galicia é o seu talante acolledor e amable, punto de partida fundamental para o prestixio de calquera evento. Poucos destinos son capaces de reunir infraestruturas modernas con idílicos paseos por urbes milenarias; recursos efectivos e profesionais cunha gastronomía excepcional; cidades cosmopolitas de espírito pero cun grande atractivo cultural e artístico.

Situada ao borde do Atlántico, nun histórico cruce de camiños entre Europa e América, en Galicia os asistentes a eventos son sempre benvidos. Desde a súa chegada a calquera dos tres aeroportos galegos os desprazamentos na nosa Comunidade son rápidos, cómodos e sinxelos. E unha vez no destino será o momento de gozar plenamente de todo o que podemos ofrecer: profesionalidade, calidade e creatividade pero sempre desde a nosa propia perspectiva, a de formar parte dun pobo coñecido en todo o mundo pola súa inmensa capacidade de traballo e o seu carácter acolledor.

O éxito dunha viaxe profesional está en que os que viaxan poidan obter o máximo rendemento do seu tempo; pero tamén en que a lembren despois como algo diferente e único. A herdanza cultural e histórica; o feitizo das nosas paisaxes; a gastronomía e un sector MICE altamente profesional, é o que Galicia lle ofrece para asegurarlle o éxito do seu proxecto.

Destino Galicia

rectangulo-indice Cidades cómodas e seguras

As nosas capitais teñen a dimensión ideal para gozar delas sen agardas, sen aglomeracións, sen perdas de tempo en longos traxectos. En Galicia as cidades paséanse sen sobresaltos.

rectangulo-indice O sabor de Galicia

A nosa Comunidade saboréase a través dunha gastronomía excepcional conectada directamente co mar e coa terra, pero tamén mediante a súa historia, a súa cultura e as súas xentes.

rectangulo-indice  Infraestructuras únicas

Poderá elixir entre construcións actuais e de vangarda creadas especificamente para acoller congresos e eventos; ou edificios centenarios e singulares plenamente adaptados.

rectangulo-indice  Aloxamentos singulares

Que prefire? A comodidade e eficiencia dos hoteis modernos ou a singularidade dun edificio rexio e centenario?

rectangulo-indice  Sectores altamente profesionais

Un sector MICE profesional e de calidade contrastada, comprometido coa imaxe que transmite de Galicia, será o seu mellor aliado na nosa Comunidade.

rectangulo-indice  Unha Comunidade en movemento

Galicia é sede de tres universidades; terra de navegantes e descubridores; elugar de nacemento de grandes escritores e artistas, inspirados por unha grande diversidade xeográfica e paisaxística.