Organizar un congreso en Compostela, a meta xacobea
Miles de peregrinos e turistas acoden cada ano a Compostela, atraídos polo seu patrimonio histórico e polo Camiño de Santiago. Tamén o fan en gran número os asistentes a congresos, cuxo número non deixou de crecer nos últimos exercicios. Esta circunstancia ten a súa razón de ser: a cidade dispón dalgunhas das mellores infraestruturas da comunidade para acoller eventos, así como unha capacidade hoteleira sobresaínte, unha vida cultural vibrante e posibilidades infinitas para complementar as reunións cun programa social de relevancia.
No que se refire a infraestrutura para convencións, Santiago é a sede do recentemente renovado Palacio de Congresos de Galicia, con capacidade para máis de 2.000 persoas. Aínda maior é a superficie expositiva
Como cidade receptora de turismo masivo que é, Compostela goza tamén dunha oferta hoteleira sen parangón en Galicia. Algúns dos hoteis que ofrecen tanto aloxamento como posibilidades para a organización de eventos son o Parador Hostal dos Reis Católicos, Eurostars Araguaney, Eurostars San Lázaro, Eurostars Gran Hotel Santiago, Gran Hotel Los Abetos, Hesperia Peregrino, Hotel Compostela, NH Collection Santiago de Compostela, OCA Puerta del Camino, San Francisco Hotel Monumento, Tryp Santiago, Virxe da Cerca, Pazo San Lorenzo ou a Casa Grande do Bachao.
En Compostela, a propia cidade é a experiencia. O seu casco histórico, presidido pola Catedral na que se gardan os restos do apóstolo Santiago, foi declarada Patrimonio Mundial pola Unesco fai xa tres decenios. O templo, de orixe románica, é unha obra mestra do barroco galego, está rodeado de rúas de traza medieval con soportais e con numerosos edificios dos séculos XVIII e XIX e pezas admirables como o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Bendaña, o mosteiro de San Martiño Pinario, a fonte dos cabalos na praza de Praterías… Cada rúa acumula historia e beleza. Nun dos extremos da zona vella atópase a Praza de Abastos, o segundo lugar que máis visitas de turistas recibe na cidade. É normal: nela pódese recoller o produto gastronómico galego en todo o seu esplendor, acabado de chegar dos portos ou das granxas próximas. Unha visita guiada con degustación é unha opción moi popular entre os que organizan eventos na cidade e deixa sempre un agradable impacto nos congresistas.
En calquera evento de grandes dimensións que se organice en Santiago é imprescindible un apartado social que lles permita aos asistentes coñecer a gastronomía da cidade. Como capital de Galicia, e grazas á súa situación, a medio camiño da costa e das principais zonas agrogandeiras, Compostela é o cruzamento de estradas perfecto para coñecer a cociña galega. E aínda que o seu prato típico máis coñecido sexa unha sobremesa (a tarta de Santiago, de améndoa), na cidade hai numerosos restaurantes vangardistas ou tradicionais nos que desfrutar dunha cea inesquecible: tres con estrela Michelin (Simpar, o máis recente, A Tafona by Lucía Freitas e Casa Marcelo, pioneiro da nova cociña galega), e outros moi orixinais como Aldea de Sestelo, Cacao, Pazo San Lorenzo e o cercano Pazo Vista Alegre (Vedra). Unha gran opción para unha reunión é contratar un cáterin, e varias empresas ofrecen servizos excelentes neste sentido como Albarin Catering ou Catering Almirez.
A cidade foi crecendo cos anos, principalmente desde os anos setenta do pasado século. A última adición á colección de edificios contemporáneos é a Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás, fóra da cidade. O conxunto de edificios, obra de Peter Einsenman, acolle exposicións e eventos, ademais de concertos nun ambiente singular.
Porque Compostela é tamén coñecida polo seu ambiente cultural. Unha actividade complementaria que se pode organizar na cidade é a asistencia a algún dos moitos festivais de música, cine ou artes escénicas que se celebran ao longo do ano.
Outras rexións
Outras
Eume e Betanzos, marcadas polos ríos e a historia
Atardecer na Costa da Morte: comarcas de Fisterra, Bergantiños e Terra de Soneira