Santiago
A capital de Galicia é tamén meta do Camiño de Santiago, a principal ruta espiritual e cultural de Europa que atrae anualmente a milleiros de viaxeiros. Grazas a iso Santiago de Compostela está dotada da máis moderna e eficiente infraestrutura destinada á recepción de visitantes. A cidade conta con numerosos establecementos hoteleiros de calidade, situados a moi pouca distancia das principais atraccións turísticas e dos centros de reunións e convencións.
Santiago ten unha poboación en censo de 95.000 habitantes, aínda que a súa área inmediata de influencia supera os 150.000. É unha cidade que se abarca a pé doadamente a repleta de atractivos como a súa Catedral, centro dun casco histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; a afamada praza do Obradoiro; ou a moderna Cidade da Cultura de Galicia. Nas últimas décadas algúns dos máis recoñecidos arquitectos internacionais deixaron a súa pegada en Santiago, o que incrementa se cabe o seu atractivo.
Conta cun versátil palacio de Congresos e unha amplísima rede de salas e recintos preparados para acoller reunións e eventos, ademais dunha rede hoteleira da máxima categoría cunha oferta que supera actualmente as 7.500 prazas.
Compostela está ligada desde hai 600 años á innovación a través da súa Universidade, unha das máis antigas de España e polo de atracción para investigadores e especialistas de todo o mundo. A presenza universitaria percíbese nunha cidade de vida cultural vibrante, cunha ampla oferta de actividades, exposicións, concertos e restaurantes.
Distancia aeroportos:
- Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela): 15 km. / 15 min.
- Aeroporto de Alvedro (A Coruña): 69 km. / 50 min.
- Aeroporto de Vigo Peinador (Vigo): 90 km. / 65 min.
CYEX Congresos
Nova de Congresos
Trevisani
Versal Comunicación
Abramar Congresos
Grupo Norte, gestión de eventos
ICE Galicia
MB Congresos
Océano Azul Comunicación
Orzán Congres
Trama Solutions
Cidade da Cultura de Galicia
Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia
Sede Afundación Santiago de Compostela
AC Palacio del Carmen
Eurostars Araguaney
Eurostars San Lázaro
Eurostars Gran Hotel Santiago
Gran Hotel Los Abetos
Hesperia Peregrino
Hotel Compostela
Hotel Spa Congreso
Hotel Spa Relais & Châteaux A Quinta da Auga
NH Collection Santiago
OCA Puerta del Camino
Parador Hostal de los Reyes Católicos
Pazo de Lestrove
San Francisco Hotel Monumento
Tryp Santiago
Virxe da Cerca
Audiovisuais |
Audiovisuales MCNCega AudiovisualesFotógrafo en GaliciaIMAXSONSpicaTesec |
Escenografía e stands |
EscenosetIMAXSONSugemaVerdemar Noroeste |
Interpretación |
Interlingua TraducciónsMichael Skinner T&I |
Restauración |
Aldea de SesteloPazo San LorenzoPazo Vista Alegre |
Tecnoloxía congresos |
SERGLO, Soluciones tecnológicas aplicadas a eventos |
Transportes |
Autocares Antonio VázquezAutos GonzálezLapacar Gran TurismoTraslados Compostela |
Outros |
Escuela Internacional de Protocolo |