Versal Comunicación

Datos de contacto

www.versalscq.com
phone-call 981 555 920
correo info@versalscq.com
Elena Goyanes / María Solla
C/Xosé Chao Rego, 8,  15705 Santiago de Compostela
facebook

Versal Comunicación S.L. conta con máis de dúas décadas de experiencia no ámbito da xestión de congresos, eventos e comunicación en todas as súas formas. Ofrece servizos de secretaría técnica para fundacións e sociedades científicas e culturais; loxística, deseño e organización técnica e administrativa de congresos; xestión integral de eventos; e receptivo. Desenvolve programas de comunicación interna e externa en soportes convencionais ou online; xestiona gabinetes de prensa; crea contidos xornalísticos e promocionais para publicacións impresas ou dixitais; e encárgase do deseño gráfico e maquetación de materiais comunicativos.

Características

Servizos que ofrece Congresos – Eventos – Secretaría técnica – Receptivo – Comunicación – Deseño gráfico e maquetación – Deseño web
Ámbito de traballo España