Xallas-Barcala-Ordes
A Coruña é moito máis que cidades vibrantes e praias abertas ao Atlántico. O interior da provincia esconde pequenas localidades cheas de vida e de historia, centros de actividade arredor dos que gravita un territorio cheo de opcións para a organización de eventos de pequeno tamaño e de viaxes de incentivo inesquecibles. É o caso das comarcas de Xallas, Barcala e Ordes, marcadas pola presenza de ríos caudalosos e nas que a tradicional economía agraria foi dando paso a sectores vinculados aos servizos e o turismo.
Ordes
Os municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo conforman a comarca de Ordes. Ordes é a localidade de maior tamaño desta zona, situada no corazón da provincia. Con cerca de 15.000 habitantes, está moi ben comunicada co resto de Galicia a través da autoestrada AP-9 e da liña de tren que une A Coruña con Vigo, a de maior uso na comunidade. Como cabeceira de comarca, dispón de hoteis capaces de albergar reunións de pequenas dimensións como o Hotel Barreiro ou o Hotel Alda, vinculados ambos ao gran recurso turístico que atravesa a comarca, o Camiño Inglés a Compostela, así como dunha gran sala polivalente pertencente ao concello.
Ordes ten, ademais, un indiscutible atractivo gastronómico vinculado á tradición máis galega. É moi habitual aínda hoxe ver nas súas rúas (e mesmo xunto ás estradas que a atravesan) a vendedoras do seu produto estrela, o grelo, a folla terra do nabo, cuxo sabor ácido fai inconfundible ao caldo galego. Ordes tamén é coñecida por doces autóctonos como o queique (biscoito lixeiro cun curioso nome que deriva da palabra inglesa cake) e os periquitos, pequenas porcións de masa frita que se elaboran no Carnaval. A localidade acolle cada primavera a xa tradicional festa do champiñón, un vínculo máis cun sector agrícola que aquí segue sendo moi puxante. Restaurantes como o Santa Cruz (en Santa Cruz de Montaos, a poucos quilómetros da capital comarcal) ou a Pulpería Verde Galicia amosan o mundo como se prepara aquí a produción local de carnes, peixes e verduras.
Son interesantes as actividades paralelas que se poden realizar desde a vila. A de Ordes é unha comarca marcada pola presenza de ríos subsidiarios do Tambre; encoros como os de Vilagudín e Vilasenín aproveitan as súas augas, tamén para a realización de actividades acuáticas de lecer. Unha visita ao dolmen de Cabaleiros (Tordoia) é tamén un imprescindible para quen queira coñecer o patrimonio desta zona.
A Barcala
Ao suroeste, xa en plena bacía do Tambre e nas proximidades de Santiago, atópase a comarca da Barcala. O seu capital natural é Negreira, de 7.000 habitantes, unha localidade que se atopa entre as máis importantes para o sector agrogandeiro galego. Da súa puxanza histórica como cabeceira dan fe varios edificios nobres no seu centro urbano, sobre todo o Pazo do Cotón, de orixe medieval e con trazas do s.XVI. A tradición agrícola e gandeira proporciona á zona unha singularidade gastronómica coñecida en toda Galicia, con produtos que só se poden atopar aquí. É o caso das filloas da pedra que se elaboran na Baña, pequena localidade situada ao pé de Negreira. O habitual amoado (masa líquida de leite, fariña e ovos) cocíñase aquí en grandes pranchas de granito (de aí o seu nome) quentadas ao lume, o que consegue unha textura única e un finísimo espesor. As pedras son un ben moi prezado: algunhas teñen décadas e hérdanse dentro da familia; antes de preparar as filloas úntanse con touciño para pechar os seus poros e conseguir un resultado moi especial.
O Tambre comeza nesta comarca o seu descenso cara ao Atlántico, en moitos tramos entre altas paredes de granito. Isto favorece a presenza de recantos singulares como a coñecida ponte medieval de Ponte Maceira, probablemente herdeiro dunha construción romana anterior e paso obrigado para os peregrinos que camiñan de Santiago cara a Fisterra ou Muxía para acabar o Camiño. A natureza da Barcala tamén se pode desfrutar en lugares como o paseo semiurbano do río que dá nome á comarca, na mesma Negreira, e divisar desde o alto do miradoiro do Monte do Cotro, no mesmo concello. Negreira dispón dunha sala polivalente municipal capaz de acoller reunións reducidas.
Xallas
Outro río caudaloso, o Xallas, marca o carácter da comarca homónima formada polos concellos de Mazaricos e Santa Comba. Esta última é unha vila onde o sector agrícola e gandeiro comparte importancia cos sectores mineiro e industrial. A vila e as súas feiras foron o centro da actividade da zona durante séculos, e aínda o son. De feito, Santa Comba conta cun recinto feiral que acolle habitualmente grandes eventos, un salón municipal e establecementos máis pequenos preparados para reunións e para aloxar os seus asistentes, como o Hotel Xallas ou as Villas do Retiro da Costiña. Este último nome será ben coñecido polos amantes da alta cociña, xa que é un dos restaurantes máis prestixiosos de Galicia. Su cocina de vanguardia, su espectacular bodega y su salón de licores y cigarros lo hacen tremendamente atractivo, tanto como para contar con una estrella Michelin desde 2008.
Os que decidan organizar un evento nesta zona do centro da Coruña teñen ao seu favor numerosos argumentos, como as grandes opcións que existen para programar actividades complementarias ou de team building. Desde rutas polas numerosas cascadas que adornan a comarca ou o ascenso ao impresionante miradoiro dos Picotiños (Mazaricos) e as súas vistas á próxima Costa da Morte; á contratación de empresas de actividades de aventura como Air Fervenza (Mazaricos, no seu encoro) ou Atlantis Aventura (Santa Comba), este territorio garante experiencias auténticas en plena natureza.
Outras rexións
Outras
Camiño de Fisterra-Muxía na provincia da Coruña
Arzúa y Melide, el corazón agrario y gastronómico de Galicia
Organizar un congreso en Compostela, a meta xacobea
Deseñado e desenvolvido por Serglo, solucións tecnolóxicas aplicadas a eventos | Política de privacidade | Aviso legal