Michael Skinner T&I
  Correo electrónico: mskinner17@gmail.com
  Teléfono: 986649399
  Dirección postal: 36450, Pontevedra
Prestación de servizos profesionais de tradución e interpretación dende 1993. Interpretación simultánea, consecutiva, de acompañante e remota. Asesoría e organización de equipos de intérpretes con recursos humanos locais en función da dispoñibilidade e das linguas requiridas, e con recursos doutras comunidades autónomas ou países se non houbese locais; todos con experiencia e pertenza a algunhas das asociacións profesionais do campo: AICE -Asociación de Intérpretes de Conferencia de España-, AGPTI -Asociación de Profesionais da Tradución e Interpretación de Galicia-, APIC -Associação de Intérpretes de Conferência de Portugal-, entre outras.
Tradución e interpretación profesional en congresos, conferencias, reunións, xornadas, seminarios, etc., de todo tipo; de temas científicos especializados como medicina, veterinaria, pesca, enxeñaría, automóbil, naval, arquitectura, dereito, finanzas; así como artes e humanidades, asuntos sociais, programas europeos, presentacións e misións comerciais; entre outros.