A provincia da Coruña, destino para todos os eventos

A provincia da Coruña é un dos destinos máis versátiles e atractivos do noroeste peninsular para a organización de congresos, reunións e viaxes de incentivo. A súa excelente conectividade por terra, mar e aire, xunto cunha completa rede de infraestruturas —palacios de congresos, auditorios, recintos feirais e unha ampla oferta hoteleira— fan posible acoller desde grandes convencións ata encontros de pequeno formato. A isto engádese un tecido profesional con ampla experiencia na organización de eventos e unha oferta complementaria incomparable baseada na natureza, a cultura e a gastronomía galegas.

Desde as cidades da Coruña, Santiago ou Ferrol ata as paisaxes salvaxes da Costa da Morte, os vales interiores ou as rías de Muros e Noia, cada comarca achega unha personalidade propia e recursos singulares. No norte, Ferrolterra e Ortegal ofrecen mar, historia e espazos industriais reconvertidos; no oeste, Fisterra, Bergantiños e Terra de Soneira combinan espectaculares escenarios costeiros con excelentes instalacións hoteleiras; o corazón agrario de Arzúa e Melide, ou as terras do Eume e Betanzos, mostran a Galicia máis auténtica; mentres que Muros-Noia e Barbanza-Sar conectan a tradición mariñeira co Camiño de Santiago e o turismo activo. A todo isto súmanse os camiños xacobeos —Francés, Inglés, Portugués e de Fisterra-Muxía—, que atravesan boa parte da provincia e poden converterse en inspiradoras experiencias de team building.

Celebrar un evento na provincia da Coruña significa facelo nun contorno diverso, accesible e profesional, onde cada reunión se transforma nunha oportunidade para descubrir a esencia de Galicia e compartir experiencias que perduran máis aló do encontro.

Rexións

Rexións

Eume e Betanzos, marcadas polos ríos e a historia

A mar, gran atractivo das comarcas de Ferrol e Ortegal

Arzúa y Melide, el corazón agrario y gastronómico de Galicia

Barbanza Sar

A Coruña

Muros-Noia, o incentivo natural

Organizar un congreso en Compostela, a meta xacobea

Atardecer na Costa da Morte: comarcas de Fisterra, Bergantiños e Terra de Soneira

Xallas-Barcala-Ordes

Camiño de Fisterra-Muxía na provincia da Coruña

Camiño francés na provincia da Coruña

Camiño inglés na provincia da Coruña

Camiño portugués na provincia da Coruña