Grupo Marva
  Correo electrónico: paz.lorenzo@grupomarva.com
  Teléfono: 986493133
  Dirección postal: Rúa de Urzaiz, 68 36204 Vigo (Pontevedra)
Iniciamos a nosa andaina en 1954, cunha actitude valente que nos fixo que, xa entón, abrísemos caminos que practicamente ninguén exploraba.
O noso constante desexo de innovar transformounos nun partner idóneo que ofrece servizos 360 de marketing e publicidade, para deseñar, xestionar, producir e desenvolver accións puntuais ou grandes acontecementos de calquera perfil (presenciais, híbridos ou virtuais) en ámbitos coma congresos profesionais, eventos institucionais, de marca, promocionais, publicitarios, televisión, deportivos, etc.
Os nosos centros de producción, distribuídos por todo o territorio nacional, posúen un amplo abano de recursos relacionados coa creación e transformación de espazos formais e non formais (carpintería, cerrallería, pintura, iluminación, electricidade, etc), a producción e postprodución audiovisual, últimas tecnoloxías, deseño e producción gráfica, mobiliario e loxística.
Todo isto fai que os nosos traballos se caractericen pola CALIDADE dos medios, servizos e ferramentas empregadas, a RENDABILIDADE das solucións, a PROFESIONALIDADE dos equipos que idean, producen, xestionan ou colaboran e sobre todo pola nosa CAPACIDADE DE RESPOSTA E REACCIÓN.
Gústanos escoitar para axudar a compartir a nosa experiencia para AVANZAR E FACER REALIDADE AS IDEAS.
Localización: nacional e internacional. Campo de actuación: Deseño, xestión, producción de servizos para o desenvolvemento de proxectos relacionados co marketing, a publicidade e os eventos profesionais (congresos, eventos de marca, etc).