Galicia aposta pola innovación para adaptarse aos novos tempos
Os eventos presenciais volverán, pero a estratexia a curto prazo agora pasa necesariamente por reinventarse e apostar pola innovación, a tecnoloxía de vangarda e a creación de ferramentas que faciliten os eventos a distancia e/ou híbridos. Galicia é un destino MICE potente, e agora tamén se posiciona como destino MICE virtual. Grandes e importantes espazos incorporaron platós con todo o necesario para reproducir os escenarios habituais de reunións e congresos, proporcionando a alternativa viable que demanda o sector de eventos. Estas son algunhas opcións para que poidas facer o teu evento en Galicia con éxito e todas as garantías de seguridades.
Plató Galicia MICE en el Edificio CINC de la Ciudad de la Cultura
En Santiago de Compostela atoparás este espazo multifuncional dedicado ao coñecemento, a cultura e a creatividade. CEGA desenvolveu unha “factoría de proxectos” que tamén se soubo adaptar aos novos tempos da man de Galicia MICE, que creou un plató con dous sets con diferentes montaxes audiovisuais. O set 1 conta cunha pantalla de leds curva na que se poden poñer fondos interactivos, crear ventanas flotantes, PIP, lanzar vídeos ou presentacións en formatos 16:9. O set 2 está dotado con dous monitores de gran formato de traseira onde poden emitir fondos animados ou vídeos e presentacións. Os dous sets contan cun mobiliario de deseño, que en función das necesidades, do mesmo xeito que co son, cámaras, vídeo, iluminación e o experto equipo técnico, poderán ampliarse ou adaptar ao tipo de evento que se propoña.
Estes dous platós similares aos que vemos en TV contan cunha zona para público presencial (en formato reducido e coas medidas de seguridade necesarias segundo os protocolos vixentes) para poder facer eventos híbridos, onde unha parte do público estea presencialmente e outra parte se poida conectar ben vía streaming, ata 1.000 persoas, ou vía videoconferencia, ata 500 persoas, podendo ampliar esta capacidade se fose necesario.
O evento ECAI2020, con máis de 3.500 científicos, estreou este plató. Baixo o lema “Aplanando o camiño cara a Intelixencia Artificial centrada no ser humano”, o evento brindou ata os investigadores a oportunidade de vivir un programa social virtual que levou aos participantes de máis de 35 países a vivir experiencias culturais, gastronómicas e a sentir o Camiño de Santiago con intensidade por un día. Desde este plató emitíronse todas estas actividades.
Plató Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
O plató de TESEC instalouse nun dos amplos halls do Palacio de Congresos, ocupando unha superficie de 10x6m. Permite organizar eventos online onde só estean presentes os relatores e o equipo técnico, e, ao tempo, dada a amplitude do espazo, permite albergar ata 300 asistentes, respectando sen ningún problema a distancia de seguridade e convertendo o evento en presencial ou en híbrido. Sempre cunha calidade de retransmisión HD, o seu equipamento técnico consiste en 3 cámaras robotizadas, pantalla led (5mx3,5m e 2,6 píxels), tótem de led detrás da zona de atril (4mx2m e 3,9 píxels) para presentacións ou conexións con relatores que estean noutras localizacións, tótems de led laterais para decorados e varias pantallas para que os relatores vexan a súa presentación sen necesidade de se xirar. Tamén hai mobiliario, zona de butacas, atril, equipo de son, iluminación e decoración. O feito de que este plató se concibise para ser permanente permitirá unha flexibilidade de custe para os clientes.
Pese á súa recente instalación tamén se estreou coa presentación á prensa do evento Fairway 2021, o Fórum Internacional do Camiño de Santiago que se celebrará tamén alí do 7 ao 9 de marzo de 2021.
Plató Hotel OCA Puerta del Camino
A reapertura deste hotel situado preto do Palacio de Congresos veu acompañada de novedades como a incorporación dun plató multifuncional montado por Audiovisuais MCN de 22m2, con retransmisión multicámara. Este servizo ofrece pantalla led, unha cámara robotizada e dúas cámaras profesionais, tres ordenadores, unha mesa de vídeo para composición de pantalla, sistema de iluminación, micros de atril, solapa, diadema e man, atril con pantalla, liña de 100 mg de fibra de subida e de baixada con canles privadas, montaxe de escenario a elección do cliente, logos de empresa, utilización de calquera plataforma dixital, chat en directo, monitor de referencia para relatores e capacidade para 40 persoas en formato presencial.
Plató Auditorio Mar de Vigo
En outubro estréase un novo plató nas instalacións do Auditorio Mar de Vigo, en pleno corazón da cidade e ao lado do mar. FLUGE Galicia é a empresa encargada de instalar todos os recursos necesarios para que se poidan organizar alí eventos en directo ou emitidos en diferido que inclúan contidos visuais en 2D e 3D, infografías e carteis dinámicos, interfaces e escenarios virtuais, hologramas ou realidade aumentada. O plató conta cunha pantalla LED adaptable de 4×7 m sempre cunha comunicación bidireccional, é dicir, permitindo a interacción co público a través de enquisas, debates, networking, redes sociais (multi stream) ou concertos en directo e creación de contido dixital, que ademais poden asesorar nesta materia e adaptar o plató segundo as necesidades, tanto a nivel técnico como artístico.
O plató contén diversos sets adecuados para seminarios online, conferencias con asistencia virtual de varios relatores interactuando en tempo real, rodaxes de series tipo sitcom, congresos, videoclips, programas de TV (informativos, actualidade ou tertulia), probas de equipamentos técnicos profesionais, ensaios, mitins, eventos de E-Sports, concertos, etc.
Tamén se poden utilizar as instalacións do Auditorio Mar de Vigo, centralizando todas as accións nun único complexo e facilitando así a xestión do evento.
MEGA, un novo espazo MICE diferente, deseñado para ver, tocar e probar
MEGA é un espazo único, situado na fábrica de Estrella Galicia que, ao convivir coa súa actividade diaria, permite mostrar fases reais do proceso de elaboración e envasado da cervexa. É o maior museo cerveceiro interactivo de España e un espazo singular para os teus eventos!
Dadas as circunstancias actuais, o Museo adaptouse para poder seguir ofrecendo unha experiencia segura sen deixar de dar servizo a aquelas empresas que desexan indagar máis na cultura da cervexa. Para isto puxo en marcha a posibilidade de realizar unha visita virtual ou mesmo impartir un obradoiro de introdución á cata en directo e vía streaming, sen necesidade de desprazamentos e enviando todo o necesario para a súa realización aos domicilios dos participantes.
O pasado 19 de xuño MEGA celebrou a súa reinauguración compartindo cos seus seguidores un evento de carácter cerveceiro e musical que se emitiu a través das redes sociais de Estrella Galicia. O museo da cervexa de Estrella Galicia “abriu as súas portas” para que o público puidese realizar un paseo virtual 360º por algunha das salas más emblemáticas deste espazo expositivo único no noso país. O presentador Quique Morais foi o condutor deste percorrido no que os seguidores tiveron a última palabra, xa que os seus votos determinaron que espazos serían desvelados. O paseo virtual deu paso ao 19.05 Soundbrewing Festival, o festival intercontinental en streaming que SON Estrella Galicia celebrou reunindo nun mesmo escenario (físico e virtual) a artistas tan diversos como son Porridge Radio, Califato ¾, Hotelo e Laura LaMontagne & Pico Amperio. Todos participaron desde sets preparados especificamente para a ocasión e que representaban a cultura musical do seu lugar de orixe.